Ola, aquí poderás atopar a información básica do proxecto SVMRES en Galego. Se precisas máis datos só tes que pedilos.
Descrición
SVMRES é un proxecto de videoxogo FPS (First Person Shooter) baseado nunha historia ciberpunk, en 3D, multiplataforma, para un ou máis xogadores (on-line), orixinalmente en català (con traducións ao castelán, galego, francés, inglés e alemán), gratuíto, desenrolado íntegramente con ferramentas e elementos de dominio público, cunha forte implicación social de carácter glocal, licenciado Creative Commons e desenvolvido polo equipo da asociación sen ánimo de lucro SVMRES con axuda de voluntarios. SVMRES fúndase o 24 de Novembro de 2007 e preséntase oficialmente o 25 de abril de 2008. En xuño de 2008 empezamos coa produción intensiva, centrándonos na primeira demo xogábel que esperamos ter dispoñíbel e estábel a finais de ano.
Argumento
Ano 2050. A corporación SVM está a experimentar con humanos?non evolucionados? no seu centro de investigación bioxenética, sito no que foi unha fermosa vila de 5000 habitantes. Se es quen de fuxir do laboratorio de experimentación debes unirte ao grupo da resistencia que formaron algúns sobreviventes da primeira euxénese.
Filosofía do proxecto:
-Prol-am: afeccionados (amateurs) traballando baixo estándares profesionais
-Copylef: Utilizamos Software libre e material de dominio publico. Por suposto todo o proxecto SVMRES está exento de copyright. Empregamos unha licenza Creative Commons 2.5 España.
-Independencia: Independencia absoluta de calquera organismo alleo (público ou privado)
-Glocal: vocación global, tanto pola expansión do proxecto como polo equipo humano involucrado. Con fortes ancoraxes locais (idioma, elementos referenciales, rede social)
Organización:
A responsabilidade do proxecto SVMRES é da asociación sen ánimo de lucro ?SVMRES?.
SVMRES pretende ser unha superprodución e como tal, especulamos que debemos involucrar unhas cen persoas durante un tempo de aproximadamente tres anos. Para poder xestionar todo o capital humano creamos unha estrutura empresarial cun organigrama definido.
Diñeiro
Ninguén que traballe para SVMRES percibirá pago algún
SVMRES será un videoxogo gratuíto
O proxecto SVMRES non está en venda
Os gastos derivados do proxecto son avanzados por algúns dos membros da organización.
Esperamos financiarnos con subvencións, patrocinios, bolsa e premios; tanto de carácter público como privado.
Niveis do proxecto SVMRES
SVMRES pretende ser un videoxogo de estética e funcionamento convencional, como calquera FPS comercial, aínda que esta característica epidérmica é quizais a menos importante das lecturas que ofrece a nosa iniciativa:
Como proxecto artístico terá un tratamento ad hoc, con especial atención á documentación de todo o proceso, as referencias de xénero, as presentacións en espazos artísticos, etc.
Como proxecto social SVMRES é unha rede de persoas traballando nun proxecto coral ilusionante. A necesidade de atopar solucións válidas a cada un dos moitos problemas que comportan un proxecto tan ambicioso como este converten a experiencia de estar involucrado en SVMRES nun master práctico en cada unha das áreas do proxecto (organización empresarial, ?comercial?, Ilustración, modelado 3d, programación, etc) . A función formativa fica complementada coa organización e asistencia dos compoñentes do equipo a obradoiros, cursos e seminarios.
Como ideoloxía, SVMRES pretende ampliar a militancia para co software libre e o procomún.












October 31st, 2008 at 9:34 am
Grande ese galego!